O Vicedo ofrece unha sesión práctica para aprender a protexerse nas compras en liña durante o Nadal

AMariñaXa
A aula CeMIT organiza o obradoiro “Prepárate para un Nadal ciberseguro”, centrado na prevención de fraudes dixitais e no uso responsable da tecnoloxía
aula-cemit-vicedo-ordenadores
15 Nov 2025

O Concello do Vicedo, a través da súa aula CeMIT, acollerá o vindeiro xoves 20 de novembro, de 17:30 a 19:00 horas, unha nova sesión formativa baixo o título “Prepárate para un Nadal ciberseguro”, unha iniciativa orientada a ensinar boas prácticas dixitais e a evitar as estafas máis comúns destas datas.

A actividade, organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), busca sensibilizar á cidadanía sobre os riscos asociados ás compras en liña e ao uso de dispositivos conectados. O obradoiro abordará cuestións tan actuais como as fraudes do Black Friday, as ofertas falsas, mensaxes enganadoras, sorteos fraudulentos ou os riscos dos xoguetes intelixentes que se popularizan no Nadal.

Durante a sesión tamén se ofrecerán consellos prácticos para recoñecer webs seguras, verificar ofertas reais e protexer datos persoais e bancarios, ademais de orientacións sobre como configurar correctamente os dispositivos electrónicos que se regalan nestas datas.

As persoas interesadas poden inscribirse na aula CeMIT de O Vicedo, en horario de 16:00 a 20:00 horas, chamando ao 982 590 195, a través do correo cemit.ovicedo@xunta.gal

⚙ Configurar cookies
0.068289041519165