O Vicedo ofrece dous cursos para aprender o uso do móbil a partir de outubro

AMariñaXa
As sesións desenvolveranse na Aula CeMIT da Casa da Cultura en grupos de mércores e xoves en horario de tarde
mobil-tecnoloxia-1
1 Oct 2025

O Concello do Vicedo, a través da Aula CeMIT, vén de anunciar a organización de dous cursos gratuítos dedicados ao uso do teléfono móbil, destinados a persoas que desexen mellorar as súas competencias dixitais.

O primeiro grupo dará comezo o mércores 22 de outubro e terá lugar en horario de 18:30 a 20:00 horas. O segundo arrancará o xoves 13 de novembro, tamén na mesma franxa horaria. Ambas propostas desenvolveranse na Casa da Cultura do Vicedo, onde está situada a Aula CeMIT, un espazo de referencia para a formación en novas tecnoloxías.

As persoas interesadas en participar poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición na propia Aula CeMIT, dispoñible de luns a venres en horario de 16:00 a 20:00 horas. Tamén é posible contactar a través do teléfono 982 59 01 95 ou dos correos electrónicos cemit.ovicedo@xunta.gal
e cemit.ovicedo@gmail.com.

Esta iniciativa enmárcase na colaboración entre o Concello do Vicedo, a Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), co obxectivo de promover a inclusión tecnolóxica e facilitar que toda a cidadanía poida beneficiarse das vantaxes da sociedade dixital.

⚙ Configurar cookies
0.091180086135864