O Vicedo impulsa o programa Educando en familia para reforzar o vínculo entre escola e fogar

AMariñaXa
O Concello e o CEIP O Vicedo colaboran nun proxecto que inclúe encontros quincenais e asesoramento familiar personalizado
Charla-Educando-en-Familia-(febreiro-2023)
Imaxe de arquivo
16 Oct 2025

O Concello de O Vicedo, en colaboración co CEIP O Vicedo, pon en marcha o programa Educando en familia, unha iniciativa dirixida a acompañar ás familias no proceso de adaptación ao centro escolar e a fortalecer a súa participación activa na educación das nenas e nenos.

O proxecto inclúe sesións quincenais que se desenvolverán os luns alternos ás 16:30 horas no propio centro educativo, centradas en facilitar unha adaptación paulatina das familias á vida escolar e en crear un espazo de diálogo e colaboración entre nais, pais e profesorado.

Ademais, o programa contempla un servizo de asesoramento familiar individualizado, que se ofrecerá un luns ao mes ás 10:30 horas na Casa da Cultura, con cita previa. Este espazo permitirá abordar dúbidas, compartir experiencias e recibir orientación profesional sobre aspectos relacionados coa crianza, a convivencia e a comunicación familiar.

Desde o Concello destacan que “Educando en familia” pretende acompañar ás familias, especialmente ás que se incorporan por primeira vez ao centro, ofrecéndolles ferramentas que faciliten o seu día a día e favorezan un ambiente educativo positivo e participativo.

As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición chamando ao número 696 31 50 98.

⚙ Configurar cookies
0.075691938400269