O Vicedo e Foz contarán con sendeiros litorias para o disfrute dos recursos naturais

Foz
AMariñaXa
A subdelegada do Goberno avanzou dous importantes proxectos nos que traballa o Miteco que se van executar nos concellos de Foz e O Vicedo.
prais fomento Vicedo
14 Dec 2021

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, avanzou dous importantes proxectos nos que traballa o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que se van executar nos concellos de Foz e O Vicedo.

Isabel Rodríguez destacou que o Goberno reforza o seu apoio á comarca da Mariña e concretamente ao aproveitamento dos seus recursos naturais e paisaxísticos con dous proxectos que ten en marcha a Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar que supoñen un investimento de 1,4 millóns de euros.

A subdelegada informou de que o Servizo Provincial de Costas vén de sacar a información pública dous proxectos que teñen por obxecto favorecer o disfrute de novas franxas da costa mariñán.

No Concello do Vicedo, a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar sacou a información pública o proxecto que ten previsto executar para a recuperación da servidume de tránsito entre Os Castelos e a praia de Fomento e a execución dun sendeiro litoral. Ademais da creación do sendeiro peonil esta actuación inclúe a recuperación da antiga fábrica de salazón existente no contorno.

Este proxecto ten un orzamento aproximado de 400.000 euros e a actuación, que permitirá rematar a conexión peonil pola costra entre a praia de Fomento e Arealonga, será de uns 400 metros.

No caso do Concello de Foz, o Ministerio acaba de sacar a información pública a adaptación do proxecto de obtención de espazos para uso público e execución de sendeiro peonil entre as praias de Peizás e A Pampillosa.

Trátase da creación de un sendeiro peonil entre as dúas praias nuns terreos que xa foran expropiados con este fin.
Para esta actuación prevese un investimento de un millón de euros. O proxecto consiste na creación dun sendeiro con unha lonxitude de 1.600 metros e permitirá o peche definitivo do paseo xa existente pola costa, entre a praia dos Fondás, na ría de Foz, e o interior da ría do Ouro.

O Boletín Oficial do Estado publicou os dous anuncios do Servizo Provincial de Costas.

0.1347188949585