O Vicedo denuncian nunha nova manifestación a falta de médicos no centro de saúde
Os veciños e veciñas do Vicedo continúan coas protestas pola falta de médicos no centro de saúde e reclaman a cobertura das dúas prazas de médicos con carácter fixo. Unha vez máis, as Asociacións culturais, deportivas e de veciños do Concello de manifestáronse para esixir mudanzas na situación.
Os convocantes, que portaron pancartas e corearon "médicos no Vicedo xa", aseguran que durante dúas semanas estiveron as axendas pechadas, con días sen facultativo, outros nos que só se atenderon as urxencias, anuláronse citas ou só houbo atención catro horas. Tampouco lograron atención no pediatra en Viveiro. Afirman que o ambulatorio vicedense está "en colapso técnico" e reclaman un cambio de rumbo para que se cubran as dúas prazas de médicos con persoal fixo e que se garanta una atención de calidade, con un pediatra en Viveiro para os nenos de Ourol e do Vicedo.