O Vicedo dará axudas a negocios para paliar as consecuencias da crise

AMariñaXa
O Concello do Vicedo publicou as bases da convocatoria de axudas a negocios para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise
casa do concello do vicedo
2 Xul 2021

O Concello do Vicedo publicou as bases da convocatoria de axudas a negocios para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise motivada pola covid19 e contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.

Haberá dúas modalidades de axuda, incompatibles entre sí, no caso de ter dereito as dúas, así que deberase elexir unha delas. As tipo I, que serán para autónomos e microempresas cuxa actividade se vise afectada por algún dos peches de establecementos dispostos nas correspondentes normativas ao longo do ano 2020.

As axudas Tipo II serán para autónomos e microempresas cuxa actividade se vise afectada de xeito parcial por ter reducido a súa facturación en alomenos un 50 % respecto do promedio facturado no ano anterior á declaración do estado de alarma. A baixada da facturación calcularase de forma xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

O orzamento para estas axudas ascende a 36.000 euros e cada unha delas terá un importe de ata 1.000 euros. No caso de actividades de tempada percibirán unha axuda proporcional aos meses de apertura.

Para beneficiarse destas axudas haberá que contar cun establecemento permanente directamente afecto á actividade no Concello do Vicedo, ou ter o domicilio fiscal no Concello e non dispoñer de local en ningún outro Concello distinto, ou estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias entre outros requisitos.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 30 de xullo de 2021. Para máis información haberá que contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar no enlace.

VICEDO Jesus Novo en Madrid
0.18680095672607