O Vicedo convoca unha nova edición do concurso de Fotografía

AMariñaXa
O Vicedo convoca unha nova edición do Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo, a que será a cuarta edición, e haberá 600 euros en premios.
V concurso fotografia vicedo patrimonio historico 2022 1
25 Jul 2022

O Concello do Vicedo convoca unha nova edición do Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo, a que será a quinta edición, no que haberá 600 euros en premios.

O tema escollido fará referencia un ano máis ao patrimonio histórico do Vicedo e a súa calidade como destino turístico. Contendo aspectos relacionados con isto como os monumentos, as igrexas pontes ou elementos arquitectónicos.

O tamaño mínimo das fotografías (non sendo o recheo en branco unha opción para cumprir estas) será de 30 x 45 cm e o máximo de 40 x 60 cm. Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías.

Todos os participantes deberán enviar ademais, os arquivos en formato jpg das fotografías participantes, cun tamaño mínimo de 2MB e resolución de 300ppp á seguinte dirección de correo electrónico concursofotografiaovicedo@gmail.com.

Ao dorso de cada fotografía farase constar o pseudónimo elixido polo participante, o título da obra e o número de fotografía.

Pódese participar ata o 16 de agosto e o fallo do xurado será feito público ao día seguinte.

Establécense tres premios, un primeiro de 300 euros, un segundo de 200 e un terceiro de 100 euros. A entrega de premios realizarase en acto público o xoves día 18 de agosto de 2020 ás 21.00 horas na Casa da Cultura do Vicedo.

0.19499492645264