O Vicedo conta cun visor do planeamento urbanístico do municipio
O Concello do Vicedo conta cun visor do planeamento urbanístico do municipio, dispoñible online e que ofrece un servizo de visualización e consulta urbanística por parcela catastral do Plan Xeral de Ordenación, PXOM.
Esta ferramenta servirá para ver e facer consultas do planeamento urbanístico e axudará aos veciños e interesados en valorar as futuras construcións que se poderían facer nas diferentes fincas, así como facilitar os datos de metros cadrados necesarios, información catastral, etc.
Tamén facilita os diferentes tipos de chan como son o urbanístico, rústico, ou as proteccións costeiras.
Para acceder a este portal hai que entrar no visor. Esta ferramenta, basada en tecnoloxía de GIS, facilita o acceso á información dos bens e a consulta urbanística mediante a busca por referencia catastral ou dirección, ofrecendo a versatilidade de poder realizar as consultas dende calquer dispositivo e dende calquer punto do municipio.