O Vicedo concéntrase na defensa da súa sanidade

AMariñaXa
As asociación culturais, deportivas e de veciños do concello do municipio convocan unha nova manifestación
manifestacion_medicos_o_vicedo
17 Xuño 2024

O Vicedo volveu saír á rúa para denunciar a falta de facultativos no centro de saúde do municipio. As asociación culturais, deportivas e de veciños do concello do municipio convocan unha nova manifestación este domingo 23 de xuño ás 11.30 horas diante do Concello na defensa da súa sanidade.

Con esta nova convocatoria pretenden esixirlle ao Sergas unha mellora nas condicións sanitarias e que cubran as prazas de médicos que están vacantes no centro de saúde do municipio. Trátase dunha necesidade que levan reivindicando dende fai tempo e que implica unha cobertura deficitaria así como tamén desprazamentos da veciñanza ata outros centros como ao PAC de Viveiro.

0.18644690513611