O Vicedo comprométese a mellorar o saneamento cando sexa viable economicamente

AMariñaXa
O alcalde, Jesús Novo, admite carencias en varios núcleos e asegura que o Concello xa conta cun plan de prevención de incendios de 2021
jesus-Novo-alcalde-Vicedo-2022
26 Sep 2025

O Concello de O Vicedo amósase disposto a acometer obras de saneamento, pero sempre “a medida do posible e cando sexa economicamente viable”. Así o manifestou o alcalde, Jesús Novo, quen recoñeceu que existen núcleos de poboación que carecen deste servizo básico. Segundo explicou, será preciso elaborar un plan que determine tanto as necesidades reais como o custo que suporía a súa execución.

O rexedor subliñou que hai áreas con vivendas illadas ou mesmo deshabitadas onde “non compensa acometer unha instalación deste tipo”, polo que será necesario priorizar. “O importante é planificar ben, avaliar as posibilidades e actuar con responsabilidade para garantir a eficiencia do investimento”, engadiu.

En relación coa petición formulada polo BNG para poñer en marcha un plan de prevención de incendios, Novo lembrou que o Concello dispón xa dun documento aprobado no ano 2021 e subscrito coa Xunta de Galicia, que segue vixente.

⚙ Configurar cookies
0.10186910629272