O Vicedo celebra un pleno no que se presentará o orzamento para este ano

TerraChaXa | AMariñaXa
O Vicedo celebra unha sesión ordinaria municipal no salón de pleno da casa consistorial o vindeiro 31 de xullo, ás sete da tarde, na que se aprobará o orzamento municipal para o vixente exercicio.
29 Jul 2019

O Vicedo celebra unha sesión ordinaria municipal no salón de pleno da casa consistorial o vindeiro 31 de xullo, ás sete da tarde, na que se aprobará o orzamento municipal para o vixente exercicio.
Entre os puntos que se abordarán na orde do día figura a lectura de varios comunicados oficiais, dos que se darán conta o día do pleno, así como a dación de conta das resolucións da alcaldía, que rexe o popular Jesús Novo.
Os membros da corporación municipal aprobarán, se procede, a conta xeral presupostaria prevista para este ano que se vai someter a exame. En 2017, o orzamento foi de 1,85 millóns e o ano pasado foi lixeiramente superior.
Asemade determinaranse cales serán os festivos locais deste ano e despois dos asuntos que sobreveñan, os edís pasarán o capítulo de rogos e preguntas.

0.16208100318909