O Vicedo acollerá un obradoiro de solo pelviano para mulleres

AMariñaXa
As persoas interesadas poderán anotarse ata o 7 de febreiro de 2025 e o lugar de celebración dependerá do número de inscricións formalizadas
solo-pelviano-solo-pelvico-mulleres
1 Feb 2025

O Concello do Vicedo anuncia a celebración dun obradoiro de solo pelviano o vindeiro 21 de febreiro de 2025, en colaboración co Servizo Galego de Saúde. Esta actividade, de carácter inclusivo e accesible para todas as idades e niveis, require un mínimo de 10 inscricións para a súa realización.

As persoas interesadas poderán anotarse ata o 7 de febreiro de 2025 chamando ao número 982 590 001. O lugar de celebración dependerá do número de inscricións formalizadas, podendo levarse a cabo nos locais sociais das parroquias ou na Casa da Cultura de O Vicedo.

0.16318798065186