O Vicedo acolle unha charla divulgativa sobre as orixes da familia Os Vivero
AMariñaXa
Está impartida por Antonio Lage Seara coa colaboración de Asociación Cultural Orde Templaria e Concello de O Vicedo
16 Ago 2024
Este sábado ás 10.30 horas na Igrexa de Santo Estevo do Vicedo vaise celebrar unha charla divulgativa e didáctica sobre a historia dunha familia que detentou moito poder na corte, saltando a América e Asia: Os Vivero. Unha charla impartida por Antonio Lage Seara coa colaboración de Asociación Cultural Orde Templaria e Concello do Vicedo.
Os Vivero foron Señores de Viveiro e máis tarde recompensados como Señores de Galdo, que incluía as parroquias de Cabanas, San Román, S. Estevo... Tiveron catrocentos anos de verdadeiro poder. Unha familia mesmo de tentáculos transoceánicos, sendo das máis poderosas de México e Perú. Explicaráse toda a historia deles e moitas anécdotas.