O Vicedo acolle do 4 ao 8 de xullo un curso de iniciación ao kaiak
AMariñaXa
O Vicedo acolle do 4 ao 8 de xullo un novo curso de iniciación ao kaiak que será gratuito e está destinado a todos os nenos do municipio.
27 Jun 2022
O Concello do Vicedo acolle do 4 ao 8 de xullo un novo curso de iniciación ao kaiak que será gratuito e está destinado a todos os nenos e mozos do municipio.
Poderán participar nel os maiores de 10 anos empadroados no Concello e conta con 10 prazas polo que compre reservar chamando ao teléfono 982 59 01 95.
O horario do curso será de 17.00 a 19.00 horas e poderase desfrutar da ría, das praias, do río Sor e toda a contorna natural do Concello sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.