O Vicedo acolle a función teatral 'Aire Fresco'

AMariñaXa
Unha comedia a cargo do grupo de teatro Ardora
casa-da-cultura-do-vicedo
20 Dec 2024

A Casa da Cultura do Vicedo acolle este sábado 21 de decembro ás 20.00 horas a función teatral 'Aire Fresco'. A cargo do grupo de teatro Ardora, as persoas asistentes poderán gozar dunha comedia sobre cousas cotiás, do día a día.

A TRAMA

A crise do Covid puxo de relevo problemas comúns que todos temos na cotidianidade, pero que tenden a ser invisibilizados. As persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados pola pandemia, dada a súa vulnerabilidade. Esta obra procura concienciar á sociedade sobre a necesidade urxente de prestar unha atención adecuada a quen cuidou e agora precisa ser coidado.

 

0.12519598007202