O venres comezarán as actividades do Vivemar

AMariñaXa
O Concello de Viveiro pon en marcha un ano máis Vivemar, a iniciativa pola cultura marítima e fluvial durante este mes de novembro
vivemar actividades 1
17 Nov 2022

O venres 18 dará comezo o reinicio do Vivemar, unha actividade a cargo das entidades Pratodo e Lobisome Producións, e na que botan man de persoas moi vinculadas á cultura marítima e á súa divulgación.

Ás 20.30 horas será a presentación do libro Mar gremial das rías de Viveiro e do Barqueiro por Vicente Míguez. Acompañado polo seu compañeiro Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro e presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro. Será na sala multiusos do Concello de Viveiro.

E ás 22.00 horas será a proxección do Documental-entrevista Paco Alonso. O mar nos ollos nos Cines Viveiro.Dende a organización queren agradecer aos Cines Viveiro a súa apertura a colaborar en todo momento, xa no 2018 houbo proxeccións nos cines e neste ano recuperar a colaboración.

O documental foi gravado no 2018 grazas ao convenio firmado entre Concello de Viveiro e Deputación de Lugo, para que fosen os servizos audiovisuais TIC pendentes da deputacion os encargados de realizar o traballo co alumnado que cursaba os estudos. Ao acto acudirá María Loureiro en calidade de alcaldesa e tamén en representación da Deputación de Lugo. Dende a organización tamén queren agradecer a súa implicación para que a gravación tivese lugar.

Os actos continuarán o sábado e o domingo con actividades na sala multiusos o día 19 ás 11.00h será o Encontro de Cultura marítima ao que se convida a todo tipo de colectivos da Mariña Lucense vinculados ao patrimonio marítimo co obxecto de artellar a elaboración dun catálogo de recursos na Mariña de Lugo.

Para o que se achega a labor de salvagarda dos colectivos de Culturmar a través da experiencia de dinamización da navegación tradicional na Illa de Arousa por Uxío Allo da Arousa como inspiración nesta nova acción. Este encontro será coordinado polo mariñán afincado nas rías baixas, Dane García.

A continuación , ás 12.00 horas será o intre adicado á Conversa entre Artes: Que foi e pode ser da pesca en Viveiro?  no que intervirán José Pino (arrastre), Eugenio Regal (pincho), Antonio Fernández (baixura) . Estará moderado por Anxo Rodríguez Director do programa da TVG Vivir o mar.

E finalmente ás 12.50 horas será a presentación da revista Nova Ardentía: Con Emilio Ínsua, Antón Mascato e Dane García.

Xa o domingo 20 ás 11.00 haberá unha saída dende Os Castelos de Covas do Roteiro polo patrimonio marítimo de Viveiro guiado por Carlos Nuevo Cal, Cronista oficial de Viveiro e Presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, con chegada ao xacemento de Estabañón na praia de Area sobre as 13.30

Máis información na web www.vivemar.org, tanto da edición anterior como dos actos que continuarán na vindeira fin de seman.

Tódalas actividades son de balde, agás a proxección do documental que terá o prezo módico de 2,50euros como contribución aos custes da actividade.

vivemar actividades

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20863199234009