O venres comeza a segunda edición do Ribadeo Ilustrado

AMariñaXa
A segunda edición do Ribadeo Ilustrado desenvolverase do 10 ao 12 de xuño. Inclúe un ciclo de conferencias, teatro, demostracións
II Ribadeo ilustrado 2022 1
8 Xuño 2022

A nova edición do Ribadeo Ilustrado desenvolverase desde este xoves, día 9, ata o domingo 12 cunha programación variada, chea de actividades vencelladas á xente do mar coa figura do Marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, como protagonista.

O xoves 9 ás 19.00 horas na Oficina de Turismo de Ribadeo inaugurarase a exposición Amar a mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas, da Rede Museística Provincial de Lugo.

Ao día seguinte ás 19.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, que é o Pazo de Ibáñez, haberá unha conferencia a cargo de Pegerto Saavedra Fernández, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela que falará de Antonio Raimundo Ibáñez e Ribadeo: un empresario nunha vila dinámica. A continuación, as 20.30 horas, terá lugar a representación teatral Chegada á vila de Ribadeo do coronel do Rexemento Provincial de Mondoñedo, portador da proclama da Xunta Superior do Reino de Galicia. Declaración de guerra a Napoleón. Correrá a cargo do actor e guía turístico Suso Martínez. E ás 21.00 horas Os Quinquilláns Teatro ofrecerá a representación Ribadeo Ilustrado.

O sábado 11 haberá dúas conferencias no salón de plenos da Casa do Concello: ás 11.30 horas o carpinteiro de ribeira Francisco Fra falará sobre A carpintería de ribeira e a navegación a vela en tempos do Marqués e ás 12.30 o director do Museo Casa natal Marqués de Sargadelos, Iker Nogales Astudillo, ofrecerá a charla titulada As orixes do Marqués de Sargadelos e formas de vida na comarca de Oscos no século XVIII.

Ademais de 17.00 a 20.00 horas na Praza dos Catro Canos haberá unha demostración do traballo artesanal das redeiras Cabo Burela e de 17.00 a 19.00 horas no Patín terá lugar unha demostración do traballo artesanal da tecelá María José Lois Vázquez. Tamén están programadas actividades para xs nenxs no parque de San Francisco: de 10.45 a 12.45 horas, obradoiro de monicreques a cargo de Mircromina Títeres, que ás 13.00 horas representará Vacacións no mar.

E o domingo 12 rematarán as actividades do II Ribadeo Ilustrado cunha visita á capela de San Francisco, fundada en memoria de Martínez Bengoechea, na Casa de Bengoechea de 12.00 a 14.00 horas; e nas Escaleiras de Martínez ás 12.30 horas o Grupo Fua ofrecerá un concerto de cámara.

0.17252016067505