O venres 11 de febreiro Burela acollerá o II Encontro de Mulleres Profesionais da Mariña
O venres 11 de febreiro executivas de Galicia organiza o II Encontro de Mulleres Profesionais da Mariña no que presentarán en Burela a asociación e os seus programas Referentes Galegas e EduReferentes.
O acto, que se celebrará no Hotel Nordés, comezará ás 18.30 horas e posteriormente terá lugar un networking con tapeo.
Neste Encontro de Mulleres Profesionais da Mariña poñerase en valor a labor de Executivas de Galicia para a visualización das numerosas profesionais galegas de recoñecida traxectoria e valía, sobre todo a través dos seus programas Referentes Galegas, un directorio do que forman parte máis de 350 profesionais, e EduReferentes, que achega a estas mulleres a alumnos e alumnas de institutos de educación secundaria de Galicia.
Este Encontro de Mulleres Profesionais da Mariña contará tamén co testemuño de destacadas profesionais da Mariña sobre o liderado e visibilidade do talento feminino. O acto está aberto ao público con aforo limitado e para poder asistir é necesario inscribirse antes do 8 de febreiro mandando un correo electrónico a info@executivasgalicia.org.
Executivas de Galicia son unha asociación aberta de mulleres independentes que exercen en diferentes ámbitos executivos e directivos, tanto públicos como privados.
Únense para colaborar e crear unha rede de apoio que visualice e impulse ao empoderamento feminino como motor de futuro e axente crave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
Promoven o liderado da muller en todas as súas áreas. Únense coa intención de amplificar nosa voz alí onde aínda non se oe coa intensidade necesaria e para crear un espazo colectivo onde compartir experiencias, emprender accións e tecer alianzas que axuden ao crecemento persoal e profesional das mulleres.