O Vencello organiza unha charla-coloquio sobre o PXOM de Burela

AMariñaXa
A asociación de veciños O Vencello organiza unha charla-coloquio coa que se pretende abordar os diferentes aspectos que constitúen o PXOM
VENCELLO CHARLA PXOM BURELA 1
18 Out 2021

A asociación de veciños O Vencello organiza unha charla-coloquio de carácter informativo coa que se pretende abordar os diferentes aspectos que constitúen o Plan Xeral de Ordenación Municipal que temos actualmente en vigor en Burela e o xeito no que inflúe esta normativa na práctica diaria aos propietarios de vivendas e propiedades no nosos termino municipal.

O coloquio é aberto ao público e terá lugar o vindeiro xoves, día 21, ás 20:00h na Casa da Cultura e nel participarán Fátima López Soto, arquitecta técnica Municipal do Concello de Burela e técnica Superior en Urbanismo; e o avogado José Antonio Sánchez del Valle Vázquez.

Dende “O Vencello” convidamos a todos os veciños a que asistan porque creemos que este encontro será unha boa oportunidade para coñecer por boca de especialistas cal é a realidade urbanística do noso municipio.

Poderemos profundizar en temas de vital interese para o crecemento da nosa vila como pode ser a situación legal na que se atopa actualmente a Unidade Urbanística de Torrentes; ou os condicionantes de edificabilidade segundo as zonas; ou tamén a posibilidade de que algunhas vivendas do núcleo urbano podan estar inmersas nun baleiro legal ao verse afectadas precisamente por estes graos de edificabilidade que reflicte o PXOM. Outros temas que a boi seguro sairán no transcurso da charla serán o referido ao valado e peche de solares ou á programación de novas áreas urbanísticas ou solo industrial; entre outros.

VENCELLO CHARLA PXOM BURELA
0.19634509086609