O Vencello de Burela pregunta pola falta de decoración de Nadal polas rúas

AMariñaXa
A Asociación de Veciños O Vencello vén de comunicar o seu descontento por que "o Concello non teña ningunha luminaria de Nadal colocada".
burela vista
6 Dec 2022

A Asociación de Veciños O Vencello vén de comunicar o seu descontento por que "o Concello non teña ningunha luminaria de Nadal colocada polas rúas".

Así, na súa carta din que descoñecen "a que se debe isto" e gustaríalles saber cal é o motivo de que Burela "aínda non teña ningunha luz de Nadal a menos de 20 días para a Noiteboa". 

"Seguro que terá as súas razóns, pero coma case sempre só as sabe vostede e os seus compañeiros do Goberno municipa", din dende o colectivo burelés.

"Mentres que agardamos a súa resposta, saiba que os e as burelás non nos resignamos á escuridade á que vostede e os seus concelleiros queren sumir a vila", por iso animan a toda a cidadanía a acender os escaparates, xanelas, balconadas e todo o que se lles ocorra, para demostrar entre todos e todas que Burela brilla tamén no Nadal.

Neste senso tamén queren agradecer á Asociación de Comerciantes e Autónomos de Burela polo seu esforzo de engalanar con decoración de Nadal algúns dos lugares máis céntricos da vila.

Pola súa banda, o rexedor burelés contestoulles que a árbore xa está acendida dende o venres 2 de decembro e o resto das luces da vila "iranse acendedo sobre a marcha e posiblemente de 18.30 a 00.00 horas".

0.21345496177673