O Vencello de Burela organiza unha charla informativa

AMariñaXa
O Vencello organiza unha charla informativa para abordar diversos temas de interese para Burela como o cemiterio, fincas ou obras
cartel vencello charla 1
26 Ago 2022

O vindeiro martes, 30 de agosto, a partir das 20.00 horas da tarde, o salón de conferencias municipal (antiga biblioteca) do Concello do Burela acollerá unha charla informativa na que os responsables da Asociación de Veciños O Vencello abordarán diversos temas de actualidade que afectan á veciñanza do Concello.

A charla é aberta ao público e nela está previsto que a directiva do ‘Vencello’ informe do que coñecen a cerca de temas de interese veciñal que están en boca de todos na vila.

O cemiterio da Puída, o inventario municipal, o urbanismo, o recente bando sobre fincas urbanas e de montes, ou as obras que está a acometer o Goberno Municipal serán algúns dos temas dos que se falará.

Dende O Vencello convidamos a todos os veciños e veciñas de Burela a asistir a este relatorio que afecta a todos os cidadáns da vila.

cartel vencello charla
0.19420003890991