O Vencello de Burela demanda o arranxo da estrada LU-P-1502

AMariñaXa
Aseguran que esta estrada está a esmorecer sen que se faga nada por remediar o seu estado de semiabandono
melloras-monte-castelo--burela
5 Xul 2024

O Vencello de Burela solicítalle ao Goberno local que faga as xestións necesarias diante da Deputación para que este acometa urxentemente os arranxos necesarios na estrada LU-P-1502. Aseguran que esta estrada -que comunica o núcleo urbano co cemiterio municipal, a área recreativa do Monte Castelo e co núcleo cervense de San Román- está a esmorecer sen que a Deputación (titular da vía) nin o Concello fagan nada por remediar o seu estado de semiabandono.

O colectivo tamén sinala que nos últimos días as carencias desta estrada víronse notablemente agravadas debido a corta de madeira feita nos montes que a rodean e ás choivas. “Chegando a ser realmente arriscado circular por ela, debido ao estado das súas cunetas (cheas de maleza) e sobre todo á carencia de gardarraís nas súas zonas de desnivel, co conseguinte risco de que isto pode supoñer no caso de producirse un accidente”, aseguran. Deste xeito, presentaron unha petición de arranxo no rexistro municipal de Burela.

0.19339895248413