O Vencello de Burela celebrará o centenario do edificio da Escola Vella

AMariñaXa
A Asociación de Veciños O Vencello vén de comunicar o seu descontento por que "o Concello non teña ningunha luminaria de Nadal colocada".
Escola vella Burela Unidade Drogodependecia
20 Mar 2024

A asociación de veciños O Vencello de Burela está a preparar unha homenaxe unha serie de actos polo centenario do edificio que fixeron os indianos de Bos Aires para albergar a escola municipal e foi inaugurada en setembro de 1924.

“O edificio está situado onde se atopa na actualidade a unidade de drogodependencias”, sinala a presidenta do colectivo, Bríxida Pino. Así, puxéronse en contacto con Museo Pedagóxico de Galicia ou Mupega para poder expoñer na casa de la cultura un aula como as “que había antes” e están a preparar una mesa redonda sobre as escolas indianas.

“A nosa idea é facer unha mostra sobre como era a típica escola”, di Pino, “é gustaríanos contar con fotos antigas e material, o cal pedimos ao Mupega, Museo do Pedagóxico de Galicia, e tamén á veciñanza”.

“Aproveitando esa efeméride tamén queremos homenaxear a todos os emigrantes desa época”, explica Pino, “gustaríanos conseguir un listado ou fotos dos centos de emigrantes que foron a América, como son postais, maletas, o típico baúl, etc. E estamos en contacto con algunhas familias que sabemos que tiveron emigrantes”.

A ESCOLA. O edificio escolar é dunha soa planta rectangular e segue a tipoloxía arquitectónica dos edificios escolares promovidos nos concellos veciños pola sociedade Centro Hijos del Partido de Vivero en Buenos Aires.

Esta sociedade foi creada por un grupo de emigrantes naturais dos concellos de Viveiro, Cervo e Xove residentes en Bos Aires e socios do Centro Vivariense, entidade fundada o 25 de outubro de 1908 na capital arxentina.

Consta dun pavillón central que serve de distribuidor e que resalta en planta e en altura, e de dúas alas onde estaban situadas as dúas aulas, para nenos e nenas. O recinto, que abarca tamén un extenso terreo, estaba murado cunha tapia en cantaría que non se conserva.

A fachada principal conta como elemento decorativo principal cun frontón curvo flanqueado de pináculos e parapeto, sen inscrición; tamén destaca a escalinata de acceso. As fiestras da fachada, colocadas simetricamente nos laterais e na fachada posterior, están enmarcadas en cantaría e cun arco de medio punto rebaixado.

O edificio está moi rehabilitado debido á súa nova funcionalidade, xa que dende 1987 acolle a Unidade Asistencial de Drogodependencias da comarca.

0.19371700286865