O valor da pesca en Burela na Casa de Galicia en Madrid

AMariñaXa
Haberá unha degustación gastronómica de “Peixe de Burela” con produtos pesqueiros da lonxa
porto-burela-nasas-mar-pesca
16 Dec 2024

De Burela a Madrid. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organiza este martes 17 de decembro na Casa de Galicia en Madrid un evento para destacar o valor da pesca en Burela e presentar diversas campañas de promoción.

O acto celebrarase ás 13.00 horas na Casa de Galicia e nel estarán presentes diferentes representantes políticos e de administracións, do sector pesqueiro nacional, así como xornalistas e creadores de contido relacionados co mundo gastronómico.

A presentación pecharase cunha degustación gastronómica de “Peixe de Burela” con produtos pesqueiros da lonxa de Burela.

Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.

0.11922979354858