O Valedora do Pobo advirte ao Concello de Ribadeo sobre o faro

AMariñaXa
Dende o colectivo Por Nuestro Faro informan de que o Defensor del Pueblo advirte ao Concello de Ribadeo de que non aportou a documentación
faro illa pancha ribadeo
10 Nov 2021

Dende o colectivo Por Nuestro Faro informan de que a Valedora do Pobo advirte ao Concello de Ribadeo de que non aportou a documentación solicitada para as obras uso turístico e cafetería do faro.

"O día 2 de novembro de ano en curso recibimos un novo informe d a Valedora do Pobo como resposta á nosa queixa pola falla de información sobre avaliación ambiental do proxecto de cafetería aberta na Illa Pancha o pasado mes de agosto", din dende o colectivo ribadense.

En resumo, o escrito do Defensor comunica que remitiu a súa queixa ao Concello de Ribadeo, mais este non aportou a documentación solicitada senón só unha referencia a outros documentos que non se axustan á normativa vixente. "A Valedora dirixiuse de novo ao Concello de Ribadeo para que aporte os informes preceptivos, e mesmo á Consellería de Medio Ambiente", engaden.

"Como se pode apreciar, o Concello de Ribadeo segue xogando ao gato e o rato coa Valadora, e este advírteo de que está en situación de franca ilegalidade aínda que utiliza unha linguaxe máis comedida", din dende o colectivo.

"Debemos suliñar aquí que no recurso que presentamos (e publicamos) o día 20 de xullo de 2020 contra a concesión da licencia de obras para a cafetería aportábamos exactamente a mesma argumentación xurídica que agora referenda o Defensor del Pueblo, polo tanto non hai escusa posible dado que chove sobre mollado", afirman.

O Concello, ao decidir "atrincheirarse no secreto, vese acurralado polo seu propio silencio, e as razóns ocultas que o levan a mantelo a calquera prezo. Unha actitude que non se pode manter. E unha institución como a Valedora do Pobo da fe de elo".

0.12932109832764