O Valadouro volverá ter a súa tradicional festas de setembro, as Festas do Oito
O Valadouro volverá ter a súa tradicional festa de setembro, as Festas do Oito, unhas patronais na honra da Nosa Señora e que contarán con actuacións e espectáculos para os cativos.
Así, o día grande, o 8 de setembro, haberá misa solemne ás 12.00 horas seguida de sesión vermú co grupo Fénix que porá a nota musical á noite co grupo Jaque.
O día 9, o Día do Concello, comezará a xornada con pasacalles da Banda de Música de Lourenzá, e o acto relixioso seguido da sesión vermú e a preocesión a cargo da banda laurentina. A sesión vermú e a verbena da noite estarán amenizadas por Salsarena, Acontracorriente e Sound Sisters.
O sábado 10 volverá o vermú con Camelot, e tamén os cativos poderáns desfrutar do seu día con inchables, touro mecánico, festa da escuma, etc. Pola noite haberá Tentaciones e Camelot.
Na última xornada, o domingo 11, tan só haberá sesión vermú a cargo da discoteca móbil Conxuro.