O Valadouro recibe mañá a obra de teatro Duncan do Palleiro

AMariñaXa
A compañía Lîlâ Teatro vai presentar a obra Duncan de Palleiro o próximo sábado 5 de novembro No Concello do Valadouro ás 19.00 horas.
duncan de palleiro obra teatro
3 Nov 2022

A compañía Lîlâ Teatro vai presentar a obra Duncan de Palleiro o próximo sábado 5 de novembro no salón de actos da casa da cultura do Concello do Valadouro ás 19.00 horas.

A obra trata sobre un can de palleiro, un can especial que pertence a unha raza mítica e con prestixio.

Duncan leva unha vida sinxela, nunha vila pequena e rodeado de amigos e amigas. Así mesmo, gústanlle moito os nenos e nenas polo que sempre lles leva sorpresas que non deixan a ninguén indiferente. Unha obra de teatro que xunta a amizade, a liberdade e a cultura e que busca transmitir valores.

É unha actividade que vai dirixida a un público de máis de 3 anos e para garantir a distancia entre os asistentes precisamos que se inscriban na biblioteca, a través do teléfono 982 501 055 ou do correo electrónico: xermade.rbgalicia@eidolocal.es

dunca de palleiro valadouro

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18216300010681