O Valadouro quere formar unha comisión organizadora das Festas do Oito

AMariñaXa
O Valadouro abre o prazo para intentar formar unha comisión organizadora das Festas do Oito de Ferreira do Valadouro.
rotonda valadouro
12 Xul 2022

O Concello do Valadouro comunicou que ten aberto un prazo de consulta ata o 20 de xullo de 2022 para intentar formar unha comisión organizadora das Festas do Oito de Ferreira do Valadouro.

Tamén abrese un prazo de consulta e información sobre as condicións do vindeiro concurso de arrendamento da cafetería do Centro Socio-cultural, xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo do Valadouro.

Ambos prazos rematan o 20 de xullo de 2022 e para máis información nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo.

As tradicionais festas de setembro, as Festas do Oito, son unhas patronais que contán con actuacións e espectáculos para os cativos.

0.088629007339478