O Valadouro traballa nunha nova edición da súa Concentración de Motos

AMariñaXa
O Moto Clube Valadouro ponse a traballar na nova convocatoria da cita que xa está máis que consolidada no calendario
Concentracion-de-motos-O-Valadouro
Concentración de motos no Valadouro
24 Ago 2024

Tras o éxito da vixésimo sétima Concentración de Motos do Valadouro 2024, o club prepara unha nova convocatoria da cita que xa está máis que consolidada no calendario. Deste xeito, o colectivo ponse a traballar na actividade que terá lugar os días 2, 3 e 4 de maio. Neste ano, os asistentes puideron gozar de picada moteira, mercado, ruta moteira, xantar, unha exhibición acrobática e sorteos.

Ademais, a música tampouco faltou na xornada pois actuaron o grupo The Rock Legend, unha disco móbil e a orquestra Charleton Big Band. Os máis cativos tamén tiveron o seu oco na concentración pois os organizadores puxeron en marcha inchables gratis para os máis pequenos. Unha comida moteira de despedida, onde se levou a cabo a entrega de trofeos e o sorteo de agasallos, puxo punto final a última convocatoria da concentración que tivo un custo de 45 euros pola inscrición.

Polo momento, non se desvelou o programa da vindeira edición na que o vehículo de dúas rodas será o gran e indiscutible protagonista no municipio ao que ano tras ano se achegan visitantes de todos os puntos para gozar das distintas actividades que poñen e marcha dende o  Moto Clube Valadouro como son o mercado, as rutas ou as exhibicións acrobáticas.

 

0.076586008071899