O Valadouro prepara un Entroido cheo de tradición e actividades para todas as idades

AMariñaXa
O desfile do 15 de febreiro e o Entroido Infantil do 17 marcan o arranque das celebracións en 2026
entroido-valadouro-2026
Actualizada el 31 enero 2026, 11:48 horas
14 Jan 2026

O Valadouro xa quenta motores para o Entroido 2026 cun completo programa de actividades que combinará tradición, creatividade e diversión para todas as idades. A cita central será o domingo 15 de febreiro, coa celebración do Desfile de Entroido, que dará comezo ás 17:30 horas e percorrerá diferentes rúas da localidade ata rematar no Pavillón Municipal.

O desfile contará cun amplo abano de categorías, tanto infantís como de adultos, nas modalidades individual, parella e grupo, ademais dunha categoría específica de coreografía. Na categoría infantil individual repartirase un primeiro premio de 100 euros, un segundo de 70 e un terceiro de 50 euros. En infantil por parellas, os premios serán de 120, 90 e 70 euros, mentres que en infantil por grupos ascenderán a 200, 150 e 100 euros.

No apartado adulto, a categoría individual contará con premios de 150, 100 e 70 euros; a modalidade por parellas con 170, 120 e 90 euros; e a categoría de grupos repartirá 300 euros para o primeiro premio, 200 para o segundo e 120 euros para o terceiro. Ademais, establécese un premio único de 100 euros para a mellor coreografía.

As inscricións deberán formalizarse con antelación, tanto de maneira electrónica como presencialmente nas oficinas municipais e na Casa da Cultura.

A programación continuará o martes 17 de febreiro, a partir das 16:30 horas, co Entroido Infantil no Pavillón Polideportivo Municipal, cunha tarde chea de inchables, xogos, toro mecánico, pintacaras e actividades pensadas para o desfrute dos máis pequenos.

Desde o Concello do Valadouro animan á veciñanza e ás persoas visitantes a participar activamente nunha celebración que cada ano medra en participación e ambiente festivo.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

0.12479281425476