O Valadouro organiza o III Concurso de decoración de Nadal

AMariñaXa
O Concello do Valadouro organiza o III Concurso de balcóns, ventás, fachadas e escaparates do Concello de Nadal
valadouro decoracion nadal concurso 2022 1
valadouro decoracion nadal concurso 2022 1
20 Dec 2022

Co obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o III Concurso de balcóns, ventás, fachadas e escaparates do Concello.

O prazo de inscrición será dende o día 19 de decembro ó 23 de decembro de 2022, de 11.00 a 13.00 horas ou de 17.00 a 19.00 horas na casa da cultura, no email concurso@valadouro.gal ou a través da sede electrónica municipal.

A decoración de balcóns, ventás, fachadas e escaparates deberán estar expostos, polo menos, entre os días 23 de decembro de 2022 ata o 6 de xaneiro de 2023.

Haberá premios para as 5 mellores decoracións e consisten en premios económicos de vales nominativos para investir nos locais comerciais do Concello do Valadouro e que deberán ser consumidos antes do 31 de marzo de 2023.

valadouro decoracion nadal concurso 2022
0.16802597045898