O Valadouro organiza o II concurso de decoración de Nadal

AMariñaXa
O Concello do Valadouro organiza o II concurso de balcóns, ventás, fachadas e escaparates da Vila de Ferreira.
concurso escaparates nadal valadouro 2021 1
19 Dec 2021

Co obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o II concurso de balcóns, ventás, fachadas e escaparates da Vila de Ferreira.

O prazo de inscrición será dende o día 17 de decembro ó 23 de decembro de 2021, ás 20.00 horas. A decoración de balcóns, ventás, fachadas e escaparates deberán estar expostos, polo menos, entre os días 23 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022.

A inscripción neste concurso implica a aceptación destas bases e compromete ós participantes a autorizar a sacar fotografías dos escaparates a concurso (organización e membros dos xurados) e a posibilidade da súa difusión nas Redes Sociais municipais.

Haberá cinco premios dende 300 euros a 100 que consistirán nunha tarxeta bancaria para inverter nos locais comerciais do Concello do Valadouro e que deberán ser consumidos ata o 31 de marzo de 2022 e un diploma acreditativo

concurso escaparates nadal valadouro 2021
0.10804104804993