O Valadouro impulsa un programa de envellecemento activo para maiores de 65 anos

AMariñaXa
O Concello inicia o 23 de abril unha iniciativa dirixida a fomentar o benestar das persoas maiores do rural
ximnasia-maiores
12 Apr 2025

O Concello do Valadouro pon en marcha o vindeiro 23 de abril o proxecto "Envellecemento Activo no Rural", unha iniciativa pensada para mellorar a calidade de vida da veciñanza maior de 65 anos que reside na zona. As actividades desenvolveranse no local situado na Avenida da Deputación, número 3, baixo.

O programa está dirixido exclusivamente a persoas empadroadas no municipio, co obxectivo de promover hábitos saudables, fomentar a participación social e previr a soidade non desexada entre a poboación máis veterana.

As persoas interesadas poderán inscribirse dende o 7 de abril ás 9:00 horas ata o 16 de abril ás 14:00, tanto nas oficinas municipais como a través da Sede Electrónica, mediante unha instancia xeral.

As bases do proxecto e toda a información necesaria xa están dispoñibles para consulta a través da seguinte ligazón.

Con esta proposta, o Concello do Valadouro reafirma o seu compromiso coa mellora do benestar da poboación maior, apostando por un rural activo, participativo e socialmente conectado.

⚙ Configurar cookies
0.16827797889709