O Valadouro fará cumprir aos veciños o Plan municipal de prevención contra os incendios

AMariñaXa
O Concello do Valadouro informan a todos os veciños que iniciou as actuacións para cumprir o Plan municipal de prevención contra os incendios
faixas de proteccion incendios
25 Xan 2022

Dende o Concello do Valadouro informan a todos os veciños que, estando aprobado definitivamente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello, e recolléndose no mesmo o listado daquelas parcelas que presentan incumprimentos de eliminación de todo tipo de vexetación accesoria de especies non permitidas na faixa da rede secundaria da xestión da biomasa, este Concello iniciou as actuacións necesarias para o cumprimento do mesmo.

Tendo subscrito un Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga, durante o mes de decembro de 2021 Seaga realizou as inspeccións das parcelas deste Concello, resultando un total de 877 parcelas en investigación segundo o Catastro que serán obxeto de publicación no DOG e no BOE co obxeto de identificar aos seus propietarios e que procedan á da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas das citadas parcelas no prazo de 15 días naturais.

Por outra banda, os propietarios identificados serán notificados individualmente.

Todos aqueles veciños propietarios de parcelas afectadas que executen de xeito voluntario a xestión das mesmas deberán comunicalo ao Concello para que se proceda ao peche do seu expediente.

A notificacion aos titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga da xestion da biomasa vexetal e da retirada de especies arboreas, poden vela neste enlace.

Pódese ler todo o Plan Municipal de Prevencion de incendios Forestais do Valadouro neste enlace.

0.18456387519836