O Valadouro fai entrega de libros en galego aos alumnos do CEIP Santa María e da Galiña Azul

AMariñaXa
O Valadouro fai entrega de libros de dous lotes de libros en galego aos alumnos do CEIP Santa María e da Galiña Azul
Entrega Libros
19 Maio 2023

O tenente de alcalde do Concello do Valadouro, Eduardo Chao González, realizou a entrega simbólica de dous lotes de libros en galego á dirección do Centro de Educación Infantil e Primaria Santa María do Valadouro e á dirección da Galiña Azul do mesmo concello para repartir entre  os alumnos.

Os libros que se entregaron foron por unha banda o Libro dos Nenos de Antía Cal Vázquez no  ano 1955 na galego daquelas datas e que gañou o o premio literario do Hogar Gallego de  Caracas. Conta con preto de 400 páxinas, en color, e está divida en catro partes. Por un lado  xeográfica universal, especial de Galicia, tamén historia Universal e a Galega, tratadas a un  mesmo tempo, para que os alumnos podan facer comparacións evolutivas da Humanidade.

A autora deste libro naceu na Habana en 1923 nunha familia de emigrantes de Muras e que retornaron cando Antía tiña preto de 9 anos onde pasaría parte da súa infancia ata marchar a  estudar a Coruña.

O outro libro do que se fixo entrega o de Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida, que foi consecuencia do confinamento que vivíu Galicia na primavera de 2020. Nese momento, o Observatorio da Patrimonio Lúdico Galego decidiu crear o sitio web xogostradicionais.gal co obxectivo de poñer a disposición de toda a poboación o riquísimo catálogo de xogos tradicionais  galegos.

O proxecto orixinal xurdiu a partir da iniciativa de diferentes profesionais galegas da educación,  que decidiron crear unha fonte de recursos educativos para que todos e todas seguísemos  aprendendo.

0.099385976791382