O Valadouro estrea pista de pádel

AMariñaXa
O Concello do Valadouro incorpora unha nova instalación deportiva.
13 Apr 2024

O Concello do Valadouro incorpora unha nova instalación deportiva. Trátase dunha pista de padel situada a carón do aparcadoiro do CEIP Santa María. A instalación comezará a funcionar o luns 15 de abril.

Os interesados en facer uso deste espazo poden facer as súas solicitudes na Casa da Cultura. Cada usuario poderá gozar da pista dúas horas por día.

⚙ Configurar cookies
0.23964691162109