O Valadouro empeza por cuarto ano consecutivo o trampeo de velutina

AMariñaXa
O Concello do Valadouro empeza por cuarto ano consecutivo o trampeo de velutina. Así, informaron aos veciños como crear trampas caseiras
trampeo velutinas valadouro
13 Maio 2021

O Concello do Valadouro empeza por cuarto ano consecutivo o trampeo de velutina. Est fin de semana a empresa SERPA encargada de realizar o trampeo de Velutina estivo no mercado semanal explicando aos veciños como facer as trampas para capturar as raíñas.

Nesta primavera de 2021 o Concello instalará máis de 1500 trampas repartidas en 6 quincenas, cubrindo toda a extensión do municipio e potenciando as zonas onde mais niños se detectaron en 2020.

Este será o cuarto ano que se realiza o trampeo, desde que empezou a extensión da velutina, o numero de niños sempre ía en aumento ano tras ano hasta que en 2018 comezouse a realizar un trampeo a gran escala.

O trampeo combinado coa retirada de niños foi a única forma de manter que o numero de niños que se detectan no verán áchase reducido un 80%.

A implicación dos apicultores locais e veciños do municipio nestes últimos anos sempre foi un aliado á hora de aumentar o numero de trampas que se colocan, sempre que se empeza o trampeo paralelamente faise unha campaña de divulgación e sensibilación.

Realizar unha trampa é algo rápido e sinxelo, cunha simple botella de auga ou refresco con dous buracos enfrontados rechea con zume de arandos mesturado cun pouco de cervexa negra, podemos atrapar esa raíña de velutina que elixiu o noso xardín para pasar o inverno aletargada.

Outro labor non menos importante pero algo mais complexa é tentar localizar os niños primarias, no seu inicio teñen o tamaño dunha pelota de tenis, e as raíñas adoitan escoller zonas de abrigo, como poden ser aleros de casas ou tellados de alpendres e garaxes.

0.19509100914001