O Valadouro converterase este mes de febreiro no epicentro da gandaría

AMariñaXa
O Valadouro converterase este mes de febreiro no epicentro da gandaría comezando o sábado 4 coa IV Feira de razas autóctonas
28 Xan 2023

O Valadouro converterase este mes de febreiro no epicentro da gandaría comezando o sábado 4 coa IV Feira de razas autóctonas e que será a partir das 10.00 horas e repartirá máis de 5.000 euros en premios.

Seguirá o sábado 11 cunhas conferencias agrogandeiras, competicións de cabalos con concurso de andadura galega e unha ruta de tapas con carne de razas autóctonas.

IV FEIRA DE RAZAS.

O certame desenvolverase no aparcadoiro a carón dá piscina a partir das 10.00 horas. Ás 12 horas, a Asociación de criadores de cabalo de Pura Raza Galega organiza o Concurso Morfolóxico de Cabalo PRG e acto seguido haberá pasacalles a cargo da Asociación Amado Lar.

Ás 13.30 horas será a demostración de doma de alta escola co traballo a pe a terra a cargo de Puraga e xa ás 19.00 horas farase a entrega de premios na carpa de exhibicións.

CONCURSO ANDADURA.

O próximo 11 de debreiro durante a feira de razas autóctonas de Ferreira do Valadouro celebraranse o Concurso de andadura galega serrada e chapeada.

As medicións dos cabalos de menos de 1,50 realizaranse desde as 11.00 horas e a partir das 12.30 horas celebrarase a carreira de cabalo marchador galego de menos de 1,50, e despois das 16.00 horas será o de máis de 1,50.

As inscricións poderanse facer por WhatsApp nos seguintes números: 654 168 541, 658 846 529, 646 113 287 e 663 985 785 para o concurso de andadura, e o 689 419 722 para o de C.M.G.

FEIRA DO GANDO.

O seguinte sábado, o día 18, celebrarase a Feira de Gando pola mañá e na que se repartirán máis de 1.000 euros en premios. A inscrición está aberta ata o día 15.

0.092103004455566