O Valadouro continúa hoxe coas conferencias da IV Feira de razas autóctona

AMariñaXa
O Valadouro converterase este mes de febreiro no epicentro da gandaría comezando o sábado 4 coa IV Feira de razas autóctonas
11 Feb 2023

O Concello de O Valadouro continúa este sábado coa celebración do mes gandeiro, unha iniciativa da concellería de Medio Rural  á frente da que está o tenente alcalde e concelleiro de Cultura e Medio Rural, o  nacionalista Eduardo Chao, que valorou moi positivamente a primeira das xornadas do  mes gandeiro celebrada o pasado sábado 4 de febreiro coa IV Feira de Razas Autóctonas  da Mariña e que terá continuación este sábado 11 con varias conferencias sobre o sector  agrogandeiro no salón de actos da Casa da Cultura desde as 10.30 e tamén en horario  de tarde.

Así mesmo este sábado terá lugar o Concurso de Andadura ás 10.00,  organizado por Puraga e a Asociación de Cabaleiros do Valadouro e no que se repartirán  máis de 2.000€ en premios. O sábado 18 haberá a tradicional Feira de Gando, desde ás  10.00 ata as 18.00, na que se agardan numerosas transaccións e compraventa de gando  vacún e cabalar. Haberá tamén máis de 1.000 euros en premios.

Desde a tenencia de Alcaldía, Eduardo Chao anima a participar nas diferentes citas deste Mes Gandeiro que “está convertindo ao Valadouro na capital agrogandeira da Mariña e  da provincia e é unha referencia xa en toda Galicia, así que animamos a toda a xente a  vir e a disfrutar do Valadouro, dos nosos produtos e da nosa gastronomía nos diferentes  locais de hostelería” afirmou. Manifestou tamén que “eventos coma estes que  organizamos en febreiro e que terán continuidade en marzo co potentísimo Mercado da  Primavera dinamizan a nosa economía e danlle valor aos nosos produtos e a un dos  nosos principais recursos: o agro e a gandeiría”

Remodelación do colexio

Eduardo Chao tampouco quixo deixar pasar por alto o anuncio da remodelación do  colexio de O Valadouro anunciada no día de ontes polo conselleiro Román Rodríguez,  manifestando o seu agradecemento ao señor conselleiro, ao deputado Balseiro e ao  candidato Lamelas: “moitas grazas aos tres, e dígoo como pai que tén os fillos no colexio  e tamén como tenente alcalde do concello, e dígolles que máis vale tarde ca nunca, pois  levamos anos sufrindo esas deficiencias, curiosamente xa cando o actual candidato do  PP señor Lamelas era alcalde. Menos mal que se acordaron agora na precampaña  electoral”

Eduardo Chao quixo recordarlle tamén aos tres que puideron aproveitar para anunciar  o restablecemento do servizo de pediatria na vila, tal como demandaron en inumerables  ocasións nais e pais de Alfoz e O Valadouro. E abondando máis en necesidades urxentes  do Valadouro, Chao referíuse tamén a outro anuncio que poderían ter feito: outro incumprimento da Xunta co concello, o polígono industrial, tema co que o deputado  Balseiro marxina e ningunea ao seu concello de nacemento.

0.16327404975891