O Valadouro contará cun servizo de conciliación polas tardes
O Valadouro conta co programa A Tarde máis diver, para que os alumnos e alumnas que precisen asistir a actividades extraescolares ao remate do horario lectivo debido á incompatibilidade do horario laboral dos seus proxenitores ou titores legais co remate da xornada lectiva.
Este programa desenvólvese en horario de 16.00 a 19.00 dende o 13 de setembro de 2021 ata o remate do curso escolar.
As actividades realizaranse a continuación da xornada lectiva en horarios de 16:00 a 17:00, de 16:00 a 18:00 e de 16:00 a 19:00.
As recollidas dos alumnos deberán realizarse obrigatoriamente con puntualidade á hora de saída que teña estipulada cada alumno. Haberá un total de 20 prazas segundo a distribución, é dicir, ata as 17:00 poderán asistir un total de 20 alumnos e de 17:00 a 19:00 poderán asistir un total de 10 alumnos.
Durante os meses de setembro e xuño o subprograma desenvolverase dende as 15:30 ata as 18:30.
Excepcionalmente poderanse conceder prazas por quendas para alumnos cuxos proxenitores ou titores legais teñan unha xornada laboral a quendas e sempre condicionado á existencia de prazas. Será imprescindible aportar un calendario de quendas para a duración de todo o curso.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 9 de setembroas 14:00 horas, non admitíndose aquelas realizadas fora do citado prazo.