O Valadouro contará con desfile de disfraces de Entroido e unha festa infantil

AMariñaXa
O Valadouro organiza un ano máis a festa do Entroido que será os días 19 e 21 de febreiro e que contará con desfile de disfraces e unha festa.
Entroido Valadouro
10 Feb 2023

O Concello do Valadouro organiza un ano máis a festa do Entroido que será os días 19 e 21 de febreiro e que contará con desfile de disfraces e unha festa.

Así, o 19 de febreiro a partir das 17.00 horas será o desfile polas rúas de Ferreira ata o pavillón polideprotivo municipal. En caso de que as condicións meteorolóxicas impidan a realización do desfile, trasladarase integramente ao pavillón.

Para participar será necesario a preinscrición previa ata o venres, 17 de febreiro, ás 20.00 horas na casa da cultura ou polos cauces habituais da Administración ou o mesmo día no punto de saída.

Ás categorías nas que estrutura este concurso son individual, parella e grupo infantil e adulto, e comparsa. Aquí pódense descargar as bases e as inscricións.

A contía máxima prevista destinada a premios ascende á cantidade de 2.330 euros. Os gañadores dos premios coñeceranse unha vez finalizado o desfile no pavillón polideportivo e despois da actuación musical.

Xa o día 21 a partir das 17.00 horas na praza de Santa María será a festa de disfraces infantil que contará con xogos, inchables, etc... E o 25 a partir das 20.00 horas o esperado Enterro da Sardiña e a lectura de coplas e versos.

Entroido Valadouro
0.23718690872192