O Valadouro conmemora as Letras Galegas cunha lectura dramatizada e un recital de poemas musicados
A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro presenta a programación deste 17 de maio coa lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024 e a figura de Rosalía de Castro. Este acto será levado a escea por Trémola Teatro a partires das 20.00 horas na Casa da Cultura.
De seguido no mesmo escenario, será o momento do recital Cantando as nosas letras a cargo do cantautor Xoán Curiel con poemas e cantigas musicados de autores homenaxeados nas Letras Galegas como a propia Luísa Villalta, Antonio Fraguas, Carvalho Calero, Xela Arias ou Florencio Delgado Gurriarán.
Tamén están presentes outras autoras das nosas letras como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Alfonso X e trobadores da lírica medieval galego portuguesa... Dende o Concello animan a asistir á esta Casa da Cultura, o venres 17 de maio ás 8 da tarde e formar parte desta festa das letras galegas.