O Valadouro celebrará o sábado varias actividades e unha festa polo Samaín

AMariñaXa
No Concello do Valadouro celébrase o 30 de outubro o Samaín, un costume de orixe celta, que representa a fin do verán.
samain valadouro 1
27 Oct 2021

No Concello do Valadouro celébrase o 30 de outubro o Samaín, un costume de orixe celta, que representa a fin do verán.

Así, a xornada do sábado comezará ás 11.00 horas cuns obradoiros no que se realizarán e se decorarán cabazas, manualidades, etc... se queres, podes traer a túa cabaza para decorar. Para participar recoméndase inscrición previa.

Pola tarde ás 17.00 horas, e con parte dos elementos elaborados pola mañá, organizarase a festa do terror. Con moitos xogos, photocall, contos de medo, música, baile e moitas ganas de pasar unha tarde terroríficamente divertida. Dende a organización lembran que é moi recomendable acudir disfrazado.

Todas estas actividades están ideadas para realizar nas instalacións da Casa da Cultura e aínda que é de tipo familiar as idades ideais están entre 3 e 12 anos.

Para consultas,  solicitar máis información ou inscricións, haberá que chamar ao teléfono 982 571 516 extensión 1 ou acudir ata a Casa da Cultura en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30.

samain valadouro

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21372818946838