O Valadouro celebrará o Festival da Terceira Idade o 25 de maio

AMariñaXa
O evento está dirixido ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas do concello, que poderán asistir acompañadas das súas parellas
foto-recurso-maiores
8 May 2025

O Concello do Valadouro prepara unha nova edición do “Festival da Terceira Idade”, que terá lugar o domingo 25 de maio. A xornada está pensada para as persoas maiores de 65 anos ou pensionistas que residan no municipio, co obxectivo de ofrecerlles un espazo de encontro, convivencia e celebración. Os participantes poderán acudir acompañados dos seus cónxuxes.

As inscricións estarán abertas nas oficinas municipais entre os días 6 e 20 de maio, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Desde o consistorio lembran a importancia de formalizar a inscrición dentro deste prazo para garantir a correcta organización do evento, que é xa unha cita tradicional no calendario social do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.11151099205017