O Valadouro celebrará as festas da virxe do Carme
AMariñaXa
O Valadouro acollerá o 17 de xullo as festas na honra da virxe do Carme e que contará con música e animación para todos os asitentes.
9 Xul 2022
A parroquia de Recaré, no Concello do Valadouro, acollerá o 17 de xullo as festas na honra da virxe do Carme e que contará con música e animación para todos os asitentes.
A xornada festiva dará comezo co oficio relixioso ás 13.15 horas seguida da procesión e a sesión vermú que estará amenizada polo Dúo Epo-K.
Dende a organización informan de que contarán cun espazo para desfrutar do bo tempo e da boa música.