O Valadouro celebra a súa primeira xuntanza de motos clásicas de máis de 25 anos

AMariñaXa
A I Xuntanza Valadouro Old School reunirá o 19 de xullo a medio cento de participantes amantes das dúas rodas e da estética clásica
Valadouro-xuntanza-Old-School-motos-2025
Concentración de motos no Valadouro
2 Jul 2025

O municipio do Valadouro prepárase para acoller, o sábado 19 de xullo, a primeira edición da súa xuntanza motera “Old School”, organizada polo Moto Clube Val D’Ouro. O evento, dirixido exclusivamente a motos con 25 anos ou máis de antigüidade, contará cun máximo de 50 prazas e promete unha xornada de paixón polas motos clásicas, boa comida e compañeirismo.

A actividade arrincará ás 10:30 horas coas inscricións no pavillón polideportivo. Ás 11:30 realizarase a saída en grupo, mentres que ás 14:30 terá lugar unha exposición das motos participantes, seguida dunha comida e da entrega de trofeos. Haberá premios para a moto máis antiga, a máis “old school” e para a persoa que veña de máis lonxe.

As inscricións, cun prezo de 25 euros por persoa, inclúen un adhesivo conmemorativa, un pincho e a comida. A data límite para apuntarse é o 15 de xullo. O pago debe realizarse mediante ingreso bancario, e o resgardo debe ser enviado por WhatsApp ou correo electrónico á organización.

Desde o Moto Clube Val D’Ouro destacan que esta iniciativa nace coa vontade de poñer en valor o patrimonio motero e atraer visitantes ao concello cun evento único e con moita personalidade. A cita conta co apoio do Concello do Valadouro e coa colaboración de diversas entidades.

⚙ Configurar cookies
0.097270011901855