O Valadouro anima a doar sangue na unidade móbil
AMariñaXa
Estará situada este luns 11 de novembro no parque Concepción Arenal
10 Nov 2024
O Concello do Valadouro anima a doar sangue na unidade móbil, situada no parque Concepción Arenal de 16.30 a 21.00 horas.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
No seguinte ligazón encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental, destacan.