O Valadouro acolle o programa de apoio Cuidar(te)
O Concello do Valadouro e o Centro de Día Aloumiños organizan Cuidar(te) un programa de apoio e formación que está dirixido a aqueles veciños do termo municipal do Valadouro que no día a día exercen a labor de coidar daquelas persoas dependentes ó seu cargo e que como consecuencia, requiren de axuda de terceira persoa para a realización das actividades básicas da vida diaria.
Cuidar(te) é unha iniciativa que pretende crear un espazo no que o coidador se senta oído, escoitado e comprendido. En resumo ser un lugar de encontro para compartir experiencias comúns que xorden na tan importante labor dos coidados e que, tristemente, quedan no esquecemento máis a cotío do que debera acontecer.
Lembra que para coidar dalguén é necesario coidar dun/dunha mesmo/a. Coidar de nos tamén é coidar mellor dos nosos seres queridos dependentes.
Para máis información e inscricións contactar no 982 574 000 cos Servicios Sociais do Concello do Valadouro.