O Valadouro acollerá un triangular da categoría xuvenil para pechar a tempada de fútbol

AMariñaXa
Celebrarase o vindeiro 15 de xuño no campo do Árbol
triangular-futbol-xuvenil-valadouro
Presentación do triangular
9 Xuño 2024

O deputado de Mocidade Daniel García, os concelleiro de Deportes do Valadouro Eliseo Teijeiro, o concelleiro de Deportes de Alfoz e o presidente da AD Río Ouro, presentaron o Triangular Xuvenil AD Río Ouro que se celebrará o vindeiro 15 de xuño no campo do Árbol, no Valadouro.

A AD Río Ouro organiza este torneo co que o equipo xuvenil do club despide a temporada, e no que terá como rivais ao Real Tapia Futbol Club (Tapia de Casariego) e ao Iberia CF (Barreiros).

A área de Mocidade apoia a organización do evento, reforzando a colaboración da Vicepresidencia da Deputación co club valadourés e co tecido deportivo a través das axudas de concorrencia para a actividade competitiva.

O deputado Daniel García valorou “o papel do club como referente deportivo no concello, ofrecendo unha alternativa de ocio saudable para a rapazada, con equipos en diferentes categorias de formación” e incidiu na “relevancia do deporte como motor de dinamización social”

O concelleiro do Valadouro Eliseo Teijeiro explicou “a aposta do goberno local por reforzar a actividade deportiva e revitalizar as instalacions do Árbol coa celebración de eventos como este triangular ou a fase previa das Copas Deputación en categorías de base, que poñen en valor o traballo da AD Río Ouro durante todo o ano e traen xente ao concello”

Na imaxe, Manuel Novo, presidente AD Rio Ouro, Eliseo Lorenzo, concelleiro de Deportes de Alfoz, Daniel García, deputado de Mocidade e Eliseo Teijeiro, concelleiro de Deportes do Valadouro.

0.19352197647095