O Valadouro acollerá un casting para un filme

AMariñaXa
O Concello do Valadouro acollerá un casting de actores para un filme que se rodará na Serra do Xistral durante o inverno.
camara television casting
5 Maio 2021

O Concello do Valadouro acollerá un casting de actores para un filme que se rodará na Serra do Xistral.

Buscan perfís de dous homes de entre 35 e 45 anos, e un de 45 a 60 anos. Non é necesaria experiencia previa na interpretación, tan só será necesario estar disposto durante 10 días para a rodaxe que será en novembro e decembro de 2021 e para os ensaios. A participación non será remunerada.

O casting realizarase o sábado 8 de maio no centro socio cultural Manuel Lourenzo do Valadouro ás 10.00 horas.

Para participara será necesaria previa inscrición antes do venres 7 de maio en probascine@gmail.com ou por whatsapp no teléfono 633 61 64 99 indicando datos de contacto e adxuntando unha foto recente.

0.097328186035156